LUCASIITO

14/07/2025HYPER CLUB (VIGO)

05/06/2025RASTRO LIVE VIDEOSET (MADRID)

22/07/2025XUNCO FEST (SARGADELOS)

19/10/2025HYPER CLUB (VIGO)

08/11/2025XUVENTUDE CREA (SALA PELICANO - A CORUNA)

22/11/2025POP (MIA DISKO - BURELA)

29/11/2025SKYROOM (SALA PELICANO - A CORUNA)

21/02/2026LA PREVIA (MAR NDMBL - MIÑO)

07/03/2026HERMO TECH VOL. II (DISCOTECA HERMO - MUIMENTA)*

09/04/2026PREMIOS DA CULTURA GALEGA (PARADOR DE SANTO ESTEVO - OURENSE)

11/04/2026PELIGRO CLUB (SKY ROOM - A CORUNA)*

25/04/2026SKYROOM (SALA PELICANO - A CORUNA)

15/05/2026SOHO X POP (VIVEIRO)

23/05/2026PLANTA FEST (PONTEVEDRA)[HOUSE SET]

30/05/2026TUSSYTECH (MADRID)

19/06/2026POP (SOHO - VIVEIRO)

27/06/2026FESTIVAL RUMBOIA VIVA (ABADIN)*

BIIO

LUCASIITO é DJ e produtor orixinario da Mariña Lucense e actualmente afincado na Coruña.

Apaixonado polo hard techno, o bounce e os sons trance, construíu unha identidade musical marcada pola forza rítmica, a enerxía crúa e unha busca constante de conexión co público.

O seu proxecto naceu tras varios viaxes a Alemaña e aos Países Baixos, onde se empapou da potencia e intensidade da escena techno europea. Dende entón, foi forxando un estilo propio no que fusiona hard bounce, acid techno e atmosferas hipnóticas, ofrecendo unha proposta fresca dentro do panorama underground galego e estatal.

En cada sesión, Lucasiito busca transmitir enerxía e crear unha atmosfera envolvente que conecte co público dende o primeiro beat ata o último drop.

O seu obxectivo non é só facer bailar, senón xerar unha experiencia colectiva na que a música se converta nun catalizador de emocións e movemento.

Activo en plataformas como SoundCloud, Instagram e YouTube, comparte mesturas e lives nos que desprega toda a súa esencia, consolidándose como un referente emerxente dentro da escena hard techno.